Marc Seguí é considerado como un dos principais embaixadores do Novo Pop ou do que hoxe en día se considera a Nova Onda, unha fusión do pop, o indie, incluso unha reinterpretación da música urbana. Ninguén como el sabe transmitir a súa boa onda a través do seu particular flow, cargado de descaro, frescura e xenialidade.
Marc Seguí envólvenos con letras sinxelas, tons melódicos, retrousos pegadizos e unha voz anxelical. Grazas a iso, o artista dá a coñecer o seu particular imaxinario sentimental. Baixo unha estética colorista e vacilona, tras pouco máis dun ano sacando singles, en 2021 publica o EP “ Thermo Mix“.
Xavibo caracterízase por ritmos de hip hop, e que se labrou un estilo propio e moi introspectivo, caracterízase por letras a través das cales plasma os seus sentimentos e emocións. Xavibo foi compartindo cos seus fans “Aceleras”, “ Agoraphobia” ft Marc Seguín e “Sentirse especiais” ft Lionware como adiantos do seu novo álbum. Finalmente, en febreiro Xavibo compartía “A Viaxe de Trece”, un álbum de 13 cancións en colaboración con Elhombreviento.
Babykatze & Marta Toro acaban de publicar “ Argo Love RMX”, tema que vén acompañado do videoclip “ Argo”. Cunha técnica adquirida nos clubs e macros de electrónica e techno, nas súas sesións sorpréndennos con música urbana, pop e reggaeton, trap ou house, e algún toque de petardeo desvergonzado. Decláranse ao servizo da pista de baile.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte