A área de Cultura organiza máis de 20 actividades culturais durante as festas de Nadal. Programación de Nadal 2021 en Lugo
“Benvida ao apalpador” 22 de decembro. Praza Maior
17:30h 3 ruadas diferentes cara a praza maior. 18:00h Obradoiros; Apalpadanzas (O Xeito) , Pintámonos como os seres da fraga (Semente). 18:45h Actuación Troupelear. 19:10h Chegada Apalpador. 19:30h Foliada.
“Nadal Musical no Vello Cárcere«. Concerto Lucus Ensemble 23 de decembro. Patio do Vello Cárcere. 20h.
“Cachopo Máxico” de Lila Teatro. 27 decembro. Auditorio Municipal Gustavo Freire. 18.30h
“Rancho de Reis Xeitoso” con O Xeito 28 decembro. Praza Santo Domingo/Quiroga Ballesteros. 18.30h
“A música das buguinas” de Mamá Cabra con Bellón Maceiras. 29 decembro. Auditorio Municipal Gustavo Freire. 18.30h
“Mestre ma non troppo” de Bandullo azul. 2 de Xaneiro do 2022. Auditorio Municipal Gustavo Freire. 18.30h
“Ningures” de Teatro ao cubo. 3 de xaneiro do 2022. Auditorio Municipal Gustavo Freire. 18.30h
“Rancho de Reis Xeitoso” 5 de xaneiro 2022. Praza Maior. Fronte á Casa do Concello. 17.30h.
Cabalgata de Reis. 5 de xaneiro 2022. Saída ás 17.30h do Parque da Milagrosa.
Obradoiros:
“Xa é Nadal” 22, 23, 27, 28, 29, 30 de decembro e 3, 4 de xaneiro. MIHL. De 10.30h ás 13.30h. Nenas e nenos de 4 a 12 anos.
“Obradoiro de Panxoliñas”. 27,28,29,30 de decembro e 3,4 e 5 de xaneiro. Vello Cárcere. 11:00 a 13:30 horas.
“Contacontos Miúdos- Babar e Papá Noel” (3 a 5 anos) 18 de decembro. Vello Cárcere. 11.30h
“Contacontos Miúdos- Babar e Papá Noel” (6 a 8 anos) 18 de decembro. Vello Cárcere. 18.00h.
“Obradoiros Xeitosos” (3 a 8 anos) 19, 26 de decembro e 2 de Xaneiro. Vello Cárcere. 11.30h
“Descubrindo o solsticio de inverno” (3 a 6 anos) 22 e 29 de decembro. Vello Cárcere. 17.30h.
“Descubrindo o solsticio de inverno” (7 a 12 anos) 22 e 29 de decembro. Vello Cárcere. 17.30h.
As actividades foron presentadas por Rubén Arroxo, Tenente Alcalde.
«O Nadal é unha data na que debemos traballar tamén para recuperar e promocionar os elementos culturais da nosa terra» indicou Rubén Arroxo, que e engadiu «este ano decidimos colaborar novamente cos colectivos de Lugo, que levan moito tempo facendo a benvida ao Apalpador, que xa é unha cita importante do Nadal en Lugo».