2022 trae os seguintes cursos no Campus de Lugo – Campus Terra USC

PENSAR E CONTAR UNHA SERIE DE TV

Imparte: Pepe Coira
Como idear unha serie de TV? Como desenvolver unha idea ata convertela nun proxecto susceptible de producirse… ou comprobar que non dá de si tanto como para iso? Dito doutro xeito, de que está feita unha serie de TV?
Horario: Venres de 17:00 (16:00) a 20:00
Datas: Venres do 4 de febreiro ao 18 de marzo
Lugar: Sala de Prensa da Casa do Saber

TALLER DE EXPERIENCIAS DE CREACIÓN DE CINE CO MÓBIL

Imparte: Iago de Sant
Aprende a contar historias dende o dispositivo que tes no teu peto.
Neste taller aprenderanse as novas linguaxes para contar historias co teléfono móbil e determinarase o xeito de definir unha linguaxe cinematográfica para poder compartir con calidade as historias nas diferentes redes sociais.
Horario: Venres de 18:00 a 21:00
Datas: Do 4 de febreiro ao 25 marzo
Lugar: Aula de teatro e Danza (Facultade de Veterinaria)

MÓDULO II: EXPRESARSE A TRAVÉS DA LINGUAXE FOTOGRÁFICA

Imparte: Adra Pallón
Transmitir os coñecementos precisos para que o alumnado sexa quen de expresarse a través da linguaxe fotográfica cunha voz propia. Para iso presentaremos ferramentas e metodoloxías de traballo que van dende a preprodución á materialización da fotografía no formato adecuado.
Horario: Venres, de 16 a 20 h
Datas: Do 4 de febreiro ao 18 de marzo
Lugar: Salón de Actos da Casa do Saber

Info e matrícula

cultura.lugo@usc.es