Aberta a inscrición das visitas escolares ao Vello Cárcere. O ciclo "Un edificio con boa memoria" achegará o Vello Cárcere a todos os centros de ensino de Galiza
O ciclo de Programación Escolar do Centro Sociocultural O Vello Cárcere «Un edificio con boa memoria» pretende achegar, de xeito dinámico e divertido, a Historia e o Patrimonio Cultural de O Vello Cárcere aos centros de ensino de toda Galiza.
“Trátase dunha proposta proxectada polo Espazo Didáctico do Centro, que abrangue as orixes do cárcere no século XIX a través dunha visita guiada acompañada de diferentes actividades adaptadas aos distintos ciclos de Primaria”, afirmou a Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro
A programación, dirixida aos ciclos de Educación Primaria, ofertarase ata o mes de xuño de 2022, coincidindo co remate do período lectivo. Os centros educativos interesados poderán reservar a súa visita contactando co Centro por teléfono ou por correo electrónico: