O novo programa de visitas escolares ao Vello Cárcere, «Un edificio con boa Memoria», está ser todo un éxito e xa ten cubertas todas as horas do mes de abril, con centros de Lugo e do resto de Galiza.
Dirixido a todos os centros de Galiza, achega, de xeito dinámico e divertido, a Historia e o Patrimonio Cultural de O Vello Cárcere. As visitas son gratuítas e ata o mes de xuño, coincidindo co remate do período lectivo.
Os centros educativos interesados poderán reservar contactando por teléfono – 982 297 195 – ou por correo electrónico: vellocarcere@lugo.gal
A concelleira de Cultura, turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, destacou o éxito de Un edificio con boa memoria, “…trátase dunha proposta proxectada polo Espazo Didáctico do Centro, que abrangue as orixes do cárcere no século XIX a través dunha visita guiada acompañada de diferentes actividades adaptadas aos distintos ciclos de Primaria”, afirmou a Concelleira de Cultura.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte