As actividades de Acción Terra, en colaboración coa USC, a UNED e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), inclúen unha serie de xornadas de medio ambiente e sustentabilidade, que terán lugar os días 22, 25, 26, 27, 28 e 29 de abril, nas instalacións do campus da UNED e o Campus Terra da USC en Lugo.

O obxectivo das xornadas é dar a coñecer persoas, asociacións e proxectos que centran a súa actividade en promover un estilo de vida sustentábel e acorde coas necesidades de cambio que nos esixe a emerxencia climática, así como de protección da biodiversidade e da calidade ambiental; e tamén aquelas cunha perspectiva ecosocial, claves para levar a cabo unha transición ecolóxica xusta. 

Realizaranse unha serie de charlas, mesas redondas e actividades culturais dirixidas, en específico, ao alumnado e profesorado da USC e da UNED, estando, así mesmo, abertas a calquera outra persoa interesada. 

Participarán persoas e colectivos como Carmen Granxeiro (Documental Nun tempo de horta), Marta Pérez Freire (Bico de Grao), Dora Cabaleiro (Ribeiregas e Sindicato Labrego Galego), Gabriel Lopes (Sociedade civil Lagar d’a Granha), Emilio Carral Vilariño (USC), Oscar Rivas (Fundación Oso Pardo e Asociación Galega de Custodia do Territorio), Catuxa Varela Dopico (Grupo CoPeMol da USC), Manuel Arzúa (Asociación Morcegos de Galicia), Concha López Lamas, Ana López Beceiro (USC), Gemma San Pedro (Cabuxa Natur), Xosé García Freire (Casa da Fonte),  David Outeiro (Fonsagrada), Ruth Rodríguez Bermúdez (USC), Celsa Sánchez Vázquez (Sesión de relajamiento), Adela Figueroa Panisse (presidenta de ADEGA Lugo), Tonio Nogueira (ADEGA), José Antonio Eiras Vila (Nosa Enerxía), Aranza González (Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo), Montes de Tameiga (Comunidad de Montes), Benito García (Galicia Ambiental), Coidemos Lugo, Greenpeace, Ecologistas en Acción, Carlos Taibo …

XORNADAS

Venres 22 de abril – Día da Terra

Punto de encontro: Heliporto do Pavillón Central na Facultade de Veterinaria

17:30 – 18:15 Apertura e recital de poesía pola Terra

18:15 – 20:00 Acción de limpeza do Campus Terra

Luns 25 de abril – Soberanía alimentaria

EPS de Enxeñaría (Aula 10)

18:30 – 19:15 Proxección do documental «Nun tempo de horta»

19:30 – 21:00 Mesa redonda: Soberanía Alimentaria

 

Martes 26 de abril – Fauna silvestre

Facultade de Veterinaria (Sala de Xuntas)

19:30 – 21:00 Mesa redonda: Fauna Silvestre Autóctona

 

Mércores 27 de abril – Gandería sustentábel

Facultade de Veterinaria (Sala de Xuntas)

19:30 – 21:00 Mesa redonda: Gandería Sustentábel

 

Xoves 28 de abril – Chamamento para construírmos espazos saudábeis

UNED Lugo (Para participar é preciso inscribirse a través da sede electrónica da UNED Lugo) https://extension.uned.es/actividad/27061&codigo=DINAM

18:00 – 18:15 Relax imaxinativo da man de Celsa Sánchez Vázquez

18:15 – 20:00 Xornada de debate guiado por Adela Figueroa Panisse (presidenta ADEGA-Lugo)

 

Venres 29 de abril – Decrescimento, colapso e transición

EPS de Enxeñaría (Sala de Xuntas)

17:00 – 18:30 Mesa redonda: Transición Enerxética

 

UNED Lugo (Para participar é preciso inscribirse a través da sede electrónica da UNED Lugo) https://extension.uned.es/actividad/27062&codigo=XATPI

20:00 – 21:30 Conferencia de Carlos Taibo