XAN 2018 O próximo 28/01 remata a expo «Ephemera» de David Catá (natural de Viveiro) no Museo Provincial de Lugo e tras esta segunda visita so podemos confirmar a sensación da primeira: A expo «Ephemera» de David Catá é unha das mostras do ano en Lugo
Desta volta tiramos de cámara de fotos para compartir aquí algunhas das obras que veíamos e vos fagades unha idea do que podedes ver na expo – que como toda expo, gaña en persoa 😉 –
Falando de «en persoa», David Catá estará o vindeiro luns, día 22, ás 11:00 horas, no museo para presentar o libro-catálogo da mostra e facer doazón ao Museo de Lugo dunha das súas obras, ao tempo que se presentará en primicia a peza de videoarte Sete pétalos de rosa, pertencente ao seu proxecto fotográfico HORIZONTES.
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.