XAN 2017 No marco da que é una das feiras de promoción turística máis importantes do mundo, FITUR, presentáronse os vídeos promocionais «Os sentimentos dunha viaxe» , que en galego, castelán, inglés, alemán, francés, italiano e portugués, promocionan os recursos turísticos dos 67 Concellos de Lugo. Nos vídeos, o coñecido presentador lucense Martín Barreiro convida a visitar a provincia, dando conta dos sentimentos que produce facelo e destacando que “unha viaxe á nosa provincia vos cambiará para sempre”.
Estes novos spots da campaña Lugo Cambia se atopan neste canle de YouTube e en www.deputacionlugo.gal, nun apartado específico sobre turismo, e difundiranse a nivel internacional en reputadas plataformas para dar a coñecer os recursos patrimoniais, naturais, culturais ou gastronómicos que se poden atopar nos Concellos de Lugo co obxectivo de atraer á provincia máis visitantes.
No acto de presentación estiveron: o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, os vídeos de promoción turística do conxunto da provincia xunto a Martín Barreiro, embaixador da campaña Lugo Cambia, e dos Alcaldes dos principais Concellos da provincia polo seu número de habitantes: Lugo (Lara Méndez), Viveiro (María Loureiro) e Monforte de Lemos (José Tomé Roca). Tamén estivo na presentación, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde.
Durante a celebración de FITUR, a provincia de Lugo contará cun stand no pavillón de Turgalicia (pavillón 9) a través do que que haberá contacto directo con turoperadores, representantes do sector turístico e medios de comunicación, co obxectivo de transmitir os atractivos da provincia lucense.