Probablemente non pode ser. O de «futura saudade» quero dicir. Ten que ser unha incongruencia, un imposible, pero sen atopar a palabra exacta, deume por xuntar dúas, por experimentar, por intentar describir o sentido nos concertos de The Partisan Seed, L-R e ZA!, no Experimenta 2022: unha especie de futura saudade.
Porque a experiencia de estar vendo un concerto nos xardíns do Museo, nos xardíns da Deputación e no Lugar de Reque xa a estaba botando de menos no momento. Mentres a vivía. O minuto que pasaba era un minuto de saudade, o que estaba por vir… un deses de exprimir ao máximo para que quede fixado na memoria.
Bucle.
Porque a experiencia de ver a The Partisan Seed baixo un cruceiro, laiando por Micah P. Hinson, por Bon Iver e por un novo sol coas súas vellas cancións estaba a ser «futura saudade», a experiencia de ver a L-R poñendolle blues e rock ao folk asturianu estaba a ser «futura saudade» e a experiencia-colisión dos ZA! axitando a miña cabeza-corazón-estómago estaba a ser «futura saudade».
Bucle
Futura saudade.
Ou como o Experimenta 2022 foi curto demáis e xa o estaba a botar de menos antes de que rematara.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte