Nova instalación musical no MIHL
A mediateca do museo MIHL acolle unha nova instalación sonora de Miguel Fernández: Humanless, seis variacións para trío de corda sobre “Se os golfiños morren de amores” de Miguel de Fuenllana. 
 
Baixo o título xenérico “Humanless”, veñen mostrando desde o ano 2013 unha serie de instalacións sonoras nas que instrumentos musicais producen o seu son pola actividade mecánica do seu corpo sen a intervención directa de ningún intérprete.
 

Pretende ser unha homenaxe aos músicos, pero sen o músicos… Paradoxa que pretende poñer o foco de atención ao drama persoal que incumbe a todos aqueles intérpretes que fan o seu labor desde o máis profundo anonimato: músicos de atril en bandas e orquestras sinfónicas, músicos de sesión en gravacións de discos, músicos de orquestras de baile en vodas, comuñóns ou noites de verán… 

Ao final do seu traballo, como aquí, soamente queda o resultado da súa acción e pouco ou nada lle interesa ao público quen foi o motor da mesma. 
Fonte: captura vídeo redes Museo MIHL.
Aspectos técnicos
Durante a interpretación da peza por músicos reais, rexístrase a actividade mecánica do corpo de cada instrumento na posición da ponte polo efecto da vibración das cordas sobre o mesmo.

Cada instrumento ten o seu rexistro particular e non se ve alterado polo son dos demais integrantes do grupo. 

Unha vez capturados os datos e almacenados por medios electrónicos sempre será posible reverter o proceso se un pistón fai vibrar a cada instrumento na posición da ponte cos datos previamente rexistrados. 

Os instrumentos volverán soar pero neste caso non pola vibración das cordas dos mesmos, se non pola actividade dos pistós que substitúen a actividade dos intérpretes. 
 
MUSEO MIHL
 
Parque da Milagrosa / Av. Infanta Elena, s/n, 27003 Lugo
 
Teléfono: 982 29 74 46