O Vello Cárcere de Lugo acolleu a presentación do colectivo Ollo, formado por recoñecidos e recoñecidas profesionais do fotoxornalismo, fotografía e vídeo documental do panorama galego con proxectos de repercusión internacional.

Vanessa Casteleiro, Óscar Corral, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Óscar Pinal, Adra Pallón e Paula Quiroga son os integrantes deste colectivo que traballa na creación, distribución, divulgación e difusión de historias relevantes para a sociedade a través da linguaxe da imaxe. Completan o equipo Sara García e Daniel Lázare no referente ao apartado de xestión cultural e Sabela Eiriz colabora nas tarefas de edición e curadoría.

Talento 100% galego, talento lucense con Adra Pallón e Paula Quiroga, Sara García e Sabela Eiriz…talento de aquí, talento do que presumir e estar orgullosos.

Recomendamos especialmente visitar a súa web para ver os seus magníficos traballos sobre a pandemia, a migración, os lumes, a despoboación, o narcotráfico…coñecer máis sobre os seus membros e contratar os seus servizos para un proxecto cultural, educativo, editorial ou comercial. 

Tres membros do colectivo Ollo, Paula Quiroga, Sabela Eiriz e Adra Pallón traballaron para VivaLugo este San Froilán aportando a súa particular mirada:

PAULA QUIROGA

ADRA PALLÓN

SABELA EIRIZ

Ademáis, Adra Pallón é un colaborador habitual deste medio. 

Fotografías: Iván Mouronte