A cantante e compositora Catuxa Salom, unha artista con raíces arxentinas nada en Vilagarcía de Arousa, presenta o seu primeiro traballo en solitario, ‘Nunha aldea’, no marco do concerto de apertura do ‘Lubicán íntimo’, un dos ciclos organizados polo Lugo Cultural o mércores 22 de febreiro, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber.
O seu primeiro EP inclúe cinco temas creados na aldea de Pontenova, nos que fusiona folclore galego, ritmos latinoamericanos e música electrónica.
As súas cancións son un canto á vida rural, ao ecofeminismo e ás raíces, ao tempo que constitúen un convite a conectar co pasado.
Catuxa Salom, quen xa está consolidada como unha das novas referencias do panorama electrofolk en Galicia, quedou finalista na última edición dos Premios Martín Códax na categoría de músicas do mundo e mestizaxe.
A entrada ao concerto é libre e de balde ata completar o aforo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte