O Museo Provincial de Lugo recibiu a visita de responsables técnicos do Museo do Prado, para ampliar a colaboración entre as dúas institucións no marco do programa “Prado Extendido”, co que a pinacoteca quere reforzar a presenza e visibilidade das obras das súas coleccións en todo o Estado.
Durante a súa visita, Víctor Cageao e Reyes Carrasco puxeron de relevancia o traballo realizado no Museo Provincial de Lugo no tocante a exposicións temporais, folletos e restauracións de obras e ratificaron a boa sintonía entre ambas institucións, destacando a colaboración no que atinxe aos fondos do Prado depositados en Lugo.
O Museo Provincial de Lugo conta con 30 obras das coleccións do Museo do Prado en depósito, fundamentalmente pintura, entre elas, “Retrato de
Señora”, de Raimundo de Madrazo e “Encarnación Rambaud”, de Federico de Madrazo, que poden verse na sala romántica -Sala 21 -, xunto coa colección de artes decorativas.