A Hedreira – Programación Abril 2023
Sábado 1 – 20h. | Teatro: “Dramón na vida”, de A Pequena Compañía de Nenos Enormes.
Entrada con taquilla inversa: non se cobra por entrar, pero ao saír terás un bote onde abonar a túa entrada (sen ser obrigatorio) Íntegro para os artistas.
A obra é a representación en primeira persoa dunhas vidas fracasadas. As vidas de dous activistas do ecoloxismo e os movementos libertarios que ven como o mundo transformouse na distopía contra a que levan décadas mobilizándose.
A obra é a forma de, utilizando textos poéticos e a través de escenas ásperas e absurdas, falar directamente sobre tanta aleivosía entre a que vivimos. É un berro desde o mundo rural sobre a destrución ambiental e tamén a forma de fuxir da xolda publicitaria no que nos obrigan a vivir estes tempos modernos.
| Domingo 2 -11h. | Roteiro Rolda Leste
O Banco de Tempo de Lugo organiza este roteiro crítico. Pasaremos polos terreos afectados polo proxecto da carreteira da Rolda Leste. Ademais coñeceremos Bosende, unha aldea tradicional moi fermosa, e o Val do Samaí. A saída será diante do edificio da Cruz Roja en San Eufrasio (paseo do Rato).
| Xoves 13 – 20h. | Videoforum “Autopista. Uma navalhada à nossa terra”
Documentário sobre a destruição social e ecológica para a construção da «Autopista del Atlántico» na Galiza na década de 1970. 1977 de Llorenç Soler.
A construción que divide o mapa de Galiza en dúas metades supón unha invasión moi agresiva do mundo rural galego que non respecta as propiedades nin os estilos de vida dos labregos. Estes únense nunha coordinadora que se ocupa do avance das obras, creando situacións de verdadeiro conflito.
| Sábado 15 – 20h. | Videoforum “Nada que ver”
Sobre os 25 anos da radio libre comunitaria CUAC FM e esbozo da incipiente Radio Fenda en Lugo. Organiza Radio Clavi.
| Sábado 22 – 11h. | Mercadiño de troco + curtadocumentais “Historia das Cousas” e Historia dos Cambios” a partir das 12h.
O documental “A historia das cousas” cóntanos todo sobre a economía de materiais. Preséntanos unha perspectiva moi crítica do sistema consumista. Ensínanos que moitos problemas sociais e do medio ambiente están interrelacionados, e finalmente, insta a toda a humanidade a crear un mundo sostible e xusto (20’)
Histora dos Cambios (6’)
Para + info contacta co Banco de Tempo de Lugo en bancotempolugo@yahoo.es
| Sábado 22 – 21:30h. | Cea vegana solidaria contra os macroeólicos
Os beneficios irán destinados á organización da manifestación do 21 de maio en Lugo contra os proxectos dos macroeólicos.
Horario das actividades fixas en https://linktr.ee/a_hedreira