A Vicepresidencia da Deputación de Lugo encargarase da organización do Premio Otero Pedrayo 2023, que recoñece persoas e entidades que contribuíron de forma destacada á cultura galega e que convocan anualmente, de forma rotatoria, as institucións provinciais.
Este luns publicáronse no Boletín Oficial da Provincia as bases do certame, que estableceron a apertura do prazo de presentación de candidaturas para o galardón, de tres meses.
Dacordo co establecido nas baes, poderán optar ao premio as persoas nacidas ou residente en Galiza ou con cumprida raizame nela, os grupos de traballo radicados en Galicia ou constuídos para promover a cultural galega ou as personalidades ou institucións que se caracterizan pola difuisón e o mantemento da cultura galega. Calquera persoa física ou xurídica pode presentar unha candidatura, respecto de si mesma ou doutros e outras.
A selección corresponderá a un xurado integrado por representantes institucionais das deputacións provinciais, da Xunta de Galiza, das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, da Real Academia Galega e do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, ás que se suman cinco persoas de recoñecida autoridade científica e literarias nomeadas pola Xunta e as deputacións.
O Premio conta cunha dotación económica de 16.000 euros.
A Deputación de Lugo organizou por última vez o Premio Otero Pedrayo en 2019, que se entregou a Paco Martín e Ramón Villares. O último premiado,
en 2022, foi o investigador e xenetista Ángel Carracedo.