• O Concello de Vilalba volverá tinguir de fucsia do 28 ao 30 de abril.
  • Lori Meyers, La Casa Azul, Sidonie, Sidecars, Delaporte, Carlangas, Moura, Hickeys, La Banda de Música de Vilalba, Los Malinches, Berta Franklin e as sesións dj a cargo de Akkan, Ocho y medio DJs, Jus Kno’ e Tangerine Sistas, así como a proposta infantil de A Gramola Gominola, completan o cartel.
  • Os abonos continúan á venda a través da web https:// fivdevilalba.com a un prezo de 45€ (+ g.x.) tras esgotarse os tres primeiros tramos. Tamén seguen dispoñibles os billetes para o transporte nocturno a Lugo e A Coruña

A conta atrás do festival de música independente de Vilalba comezou, derradeiros días para que a localidade tíngase de fucsia do 28 ao 30 de abril.

Unha oferta musical que naceu anos atrás, ao amparo das Festas Patronais de Vilalba, e que, tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional, abrindo a tempada.

CARTEL E ACTIVIDADES

Vilalba gozará durante a fin de semana das diversas actuacións que estarán repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución -o Escenario Emerxente-, e no Campo da Feira -o Escenario Vibra Mahou-, albergando este ano un aforo para 5.000 persoas.

Este ano subirán ao Escenario Vibra Mahou: Lori Meyers, La Casa Azul, Sidecars, Sidonie, Carlangas, Delaporte, Moura, Hickeys, Berta Franklin, Tangerine Sistas, Ocho y Medio Dj’s e os DJ Akkan. 

O sábado pola mañá as actuacións da Banda de Música de Vilalba e Los Malinches trasládanse á Praza da Constitución, mentres que o domingo terá lugar a actuación infantil de A Gramola Gominola no mesmo espazo. 

Todos os concertos situados no Escenario Emerxente serán gratuítos e os horarios da programación musical pódense consultar na páxina web e nas redes sociais do FIV.

 

Tamén se realizarán unha serie de actividades paralelas ao longo dos tres días de festival na Casa da Cultura. A gravación do podcast Café Derby 21, un coloquio sobre a evolución dos medios musicais e a presentación do libro infantil “Isto é rock!”, do xornalista cultural Javier Becerra.

O aforo é limitado e, para estas dúas últimas actividades, o acceso é libre por orde de inscrición a través da páxina web do festival.

 

ABONOS

Os abonos continúan á venda a un prezo de 45€ (+g.x.) tras esgotarse os tres primeiros tramos, así como os billetes de autobús para o servizo especial de transporte que, por primeira vez, levará de volta ao público ás cidades da Coruña e Lugo ao finalizar os concertos principais. 

Os tickets pódense adquirir a través da web https://fivdevilalba.com.

Así mesmo, aínda quedan prazas dispoñibles para a zona de acampada ao aire libre. O recinto escollido é o campo de fútbol Estadio Roca e as prazas son limitadas. As reservas estarán dispoñibles a través da páxina web ata o 16 de abril ou esgotarse o número máximo de parcelas

FIV DE VILALBA

Esta iniciativa municipal supón para a localidade unha inxección importante en canto á revitalización económica; pois o seu desenvolvemento tradúcese en emprego, promoción da localidade, e atracción do turismo.

Ademais, este ano volverá reactivarse a campaña #EuSonFIV, na que comercio e hostalería ofrecerán diferentes descontos na vila a todos aqueles clientes que acrediten ser público do festival (mediante a pulseira oficial do FIV 2023).

O festival conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa os encontros en torno ao directo. A Deputación de Lugo, Grupo Entrepinares, Petroni e Gadis tamén forman parte dos patrocinadores oficiais do FIV 2023, que continúan apostando por este formato.