O ciclo ‘Ao pé do carballo’, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, ofrece o vindeiro mércores 10 de maio, a partir das 20.00 horas, na carballeira da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a posibilidade de participar no obradoiro de creación dun monólogo científico impartido por Eva Cabanelas, quen, de seguido, ofrecerá a actuación ‘A miña parasito grafía: historia dunha parasitóloga parasitada’.
A participación nestas actividades, organizadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, é libre e de balde para o público interesado, previa inscrición no enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.gal .
Na súa intervención Eva Cabanela, veterinaria egresada do Campus Terra da USC, onde tamén completou o seu doutoramento, desmontará algúns mitos sobre os parasitos econtará como a acompañaron ao longo da súa vida, desde que era unha nena e tivo piollos ata que fixo a súa tese en Parasitoloxía.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte