O «Ulises» de Joyce revivirá en Lugo os días venres 19, sábado 20 e domingo 21 de maio para celebrar o centenario da obra xunto a capitais europeas como Atenas, Berlin, Budapest, París, Copenhage e Estambul, entre moitas outras.

Cada cidade representará un capítulo desta obra mestra da literatura universal. 
 
O capítulo octavo do libro que celebrará Lugo, “Lestrigóns”, está ligado á literatura, o acto de camiñar e pasear, as relacións sociais nos espazos públicos, e á gastronomía sustentable de proximidade, caracteres todos onde a cidade da Muralla é referente.
 

A participación da cidade  consistirá nunha programación literaria expandida escénica  de fin de semana ligada á celebración da  gastronomía popular identificada con este capítulo da icónica novela de Joyce.

Serán intervencións que evoquen a novela en espazos públicos de interese literaria como prazas, esculturas, rúas e gastronómicos como cafés e bares, terrazas, restaurantes, pubs que abran o acceso para a mesma.

A organización informará en breve da programación completa.

Pódese consultar máis información da rede ná páxina ulysseseurope.eu

Promoven: Fundación Uxío Novoneyra e Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo