Exposición da xenial fotógrafa Anna Turbau no Vello Cárcere.
A mostra afonda no arquivo fotográfico dos traballos que realizou entre 1975 e 1979 en Galicia.
Poderá visitarse ata o 30 de setembro.

Fotógrafa comprometida socialmente e de mirada honesta e valente, Anna Turbau (Barcelona 1949), tomou imaxes durante os anos da transición da Galicia en loita, da Galicia xitana, da Galicia rural, da Galicia muller, da Galicia Matria, da Galicia en branco e negro  – que nunca pasou á cor-, da Galicia caciquil, da Galicia non oficial… A Galicia que ninguen mostraba, podemos vela hoxe en día grazas a ela.

Parte destas fotografías icónicas, están na exposición «A intimidade da imaxe» en O Vello Cárcere. Fotografías de proxectos e series que fan de Anna Turbau unha das grandes do fotoxornalismo, como: «Lucha popular contra la construcción de la autopista del Atlántico – 1977», «Poblado gitano. O Vao, Pontevedra · 1975», «Hospital Psiquiátrico de Conxo, Santiago de Compostela · 1977», entre outras.

O día anterior á inauguración da mostra, Anna Turbau, amosou nun visionado e faladoiro na Pza da Mosqueira parte do seu traballo acompañada pola profesora de Historia Contemporánea do Campus de Lugo Ana Cabana.

Fotos da Pza da Mosqueira e inauguración: I. Mouronte.

Fotos dalgunhas das fotografías expostas: o Loopez.

A presencia de Anna Turbau e as súas fotografías en Lugo foi, en parte, grazas a un fotógrafo herdeiro da súa mirada e de parecida traxectoria: o lucense Adra Pallón.

Comisaria: Margarita Ledo Andión

Organiza: Consello da Cultura Gallega en colaboración con Cultura, Turismo en Promoción da Lingua.

O VELLO CÁRCERE

Praza da Constitución, s/n. CP: 27002 Lugo

Mañás: Todos os días de 11:00 a 14:00 h.

Tardes: de domingo a mércores de 17:00 a 20:30 h. e de xoves a sábado de 17:00 a 22:30 h.

Web O Vello Cárcere

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción Lingüística do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, participaron na inauguración de A intimidade da imaxe, unha exposición da fotógrafa Anna Turbau. A mostra está comisariada pola xornalista e cineasta Margarita Ledo.