A exposición, que forma parte do proxecto “278,81 % de sabedoría” da Rede Museística Provincial, amosa as obras e recoñece a traxectoria das artistas, dúas irmás que pintan desde nenas e sempre compatibilizaron
seu traballo coa formación en pintura.
A deputada de Cultura Iria Castro sinalou que “a mostra se encadra na aposta pola museoloxía social da Rede Museística Provincial, que pon as persoas no centro da súa programación artística e cultural” e valorou “a colaboración das artistas co proxecto 278,81 % de sabedoría que reflexiona sobre a forma na que se concibe a vellez”.
O proxecto “278,81% de sabedoría” pretende poñer en valor a acumulación de vivencias, coñecementos e experiencias que teñen as persoas maiores
de 64 anos a través da arte e da creación cultural.
Tomando como referencia o índice de envellecemento poboacional da provincia – a porcentaxe de adultos maiores de 64 anos que residen na provincia
por cada 100 menores de 16 anos –, o proxecto convida a deterse sobre este dato estatístico destacando a sabedoría que acumula o tecido social.
“Desde a Rede Museística poñemos a vellez no lugar que lle corresponde como tesouro de coñecementos acumulados, unha riqueza intanxible que merece ser valorada e compartida. Como bibliotecas vivas da nosa historia que teñen moito legado que deixarnos, a súa sabedoría a súa experiencia”, sinalou a xerente da Rede Museística Encarna Lago.
Nese marco, tras a inauguración da mostra, presentouse un novo capítulo da web serie documental “Historias soterradas. Ronsel de futuro”, dirixida por Rubén Pérez Pombo e Brian Rodríguez Cortiñas, co título “A mirada dos sentidos”.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte