Adra Pallón fotografía a Rapa das Bestas

«As tradicionáis rapas das bestas por toda a xeografía galega son o reflexo do que foi nun primeiro momento o cuidado non só do cabalo do monte senón do entorno rural. 

Galicia é unha das rexións europeas con maior cantidade de cabalo salvaxe, na actualidade existen uns 10.000 exemplares. Este feito podería semellar positivo senón tiveramos en conta que a principios dos anos sesenta existían uns 22000 exemplares. 

A necesidade das rapas son cuestionadas dende moitas perspectivas, pois algunhas delas parecen feitas para un público chegado de fóra de Galicia, sen embargo outras gardan certa esencia. 

O que é certo é que os curros e as asociacións veciñáis velan en que o número de exemplares non siga a descender paralelamente co despoboamento e o abandono rural. É a rapa o evento anual de ensalzamento do traballo comunal por manter o cabalo nos nosos montes.» Adra Pallón

ADRA PALLÓN

Adra Pallón é un premiado fotógrafo lucense con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.

Desta volta comparte neste medio dixital fotografías sobre o derribo do Garañón cuestionando o mundo que estamos a construir.

Web oficial Facebook Instagram

Fotografías de Adra Pallón – Historias do Garañón