Trece concertos conformarán a Tempada 2023-2024 da Sociedade Filarmónica de Lugo.
A Real Filharmonía de Galicia actuará no Círculo das Artes o venres 20 de outubro abrindo a tempada.
O venres, 20 de outubro, a Sociedade Filarmónica de Lugo dará comezo á que será a súa tempada de concertos número 77; tempadas que veñen sucedendo de forma ininterrumpida dende o ano 1947, alcanzando xa máis de 720 concertos cos máis recoñecidos músicos e agrupacións de todo o mundo. Trece concertos programados de outubro a maio con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila que traerán á nosa cidade a mellor música.
Ábrese a tempada con dous concertos que ofrecerán, case de forma consecutiva, as dúas grandes orquestras da nosa Comunidade. A Real Filharmonía de Galicia actuará no Círculo das Artes o venres 20 de outubro, dirixida pola portuguesa Joana Carneiro, e una semana máis tarde, o 27 de outubro, será a Orquestra Sinfónica de GaliciaO a que interpretará os dous concertos para piano de Frederic Chopin, xunto co pianista e director canario Iván Martín, no mesmo escenario.
Destaca tamén a presenza na tempada da terceira gran orquestra sinfónica galega: a Orquestra Vigo 430, con dúas datas (16 de decembro e 23 de marzo). Destacar que na primeira delas Isabel Rubio dirixira a Sinfonia do Novo Mundo de Dvorak. a Real Filharmonía de Galicia será a encargada de pechar o ciclo de concertos o 15 de maio, dirixida neste caso polo violinista e director italiano Enrico Onofri.
Tamén solistas de gran prestixio internacional intervendrán na tempada, tanto con orquestras como en recitáis: a violinista francesa Sophie de Bardonnèche, o pianista Iván Martin, o percusionista Conrado Moya, o frautista André Cebrían e a violonchelista galega Alejandra Díaz serán algúns deles.
O piano será o protagonista nun recital (20 de xaneiro) a cargo do Geister Dúo, o dúo frances de referencia na interpretación do piano a 4 mans e gañador dos máis importantes Concursos Internacionais de piano a 4 mans, os de Mónaco e Munich.
Terá tamén presencia a música de cámara en tres datas moi especiais: o 22 de novembro Concerto 1700, grupo referente na interpretación historicista, con un programa con tríos de corda da Ilustración; o 27 de febreiro o Zoar Ensemble, con un arranxo propio para quinteto de vento da Suite Iberia de Albéniz e o 10 de abril o Cosmos Quartet, un dos cuartetos de corda máis significado dos últimos anos que interpretará obras de Webern, Bartok e Brahms.
Un lugar sinalado terá na tempada unha nova sección denominada Filharmonica Km. 0, na que terán cabida novos valores da música lucense, comezando o 9 de marzo cun concerto a cargo do Gañador do Concurso de Solistas do Conservartorio Prof. de Música Xoán Montes de Lugo xunto a un quinteto formado por músicos lucenses de ampla traxectoria, e un segundo concerto presentará á Banda Filharmónica de Lugo con dúas solistas lucenses. A Banda Filharmónica de Lugo tamén celebrará o seu décimo aniversario con un concerto programado para o 2 de decembro.
Todos os concertos do ciclo serán no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h.
As persoas interesadas en adquirir o abono de tempada ou facerse socias da Sociedad Filarmónica pódeno facer escribindo ao correo electrónico filarmonicadelugo@gmail.com . As entradas para non socios, para os concertos soltos, poderanse adquirir o mesmo día da actuación nas oficinas do Círculo das Artes. Tamén haberá entradas para estudantes a prezo moi reducido e entrada de balde para menores de idade e estudantes do Conservatorio.
A Tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo conta co apoio e patrocinio da Área de cultura da Vicepresidencia primeira da Diputacíón Provincial e da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, ademáis da colaboración do diario El Progreso e o Círculo das Artes.