Cabalgata de Reis en Lugo
Día: Venres 05 de xaneiro de 2024
Hora: 18:00 horas, saíndo desde o Parque da Milagrosa e coa previsión de chegar ao Concello ás 20:00
Con 4 carrozas e 12 espectáculos, de máis 94 artistas e 32 paxes reais para o reparto de caramelos.
A Cabalgata, titulada Fermoso Planeta, contará con 4 carrozas e 12 espectáculos chegados a Lugo desde distintas partes do mundo.
«A temática da cabalgata deste 2024 é a ecoloxía, a conservación do medioambiente, a importancia de manter a biodiversidade e loitar contra o cambio climático», explicou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro. «Melchor, Gaspar e Baltasar, xunto cos seus paxes, reúnense cos animais de todo o mundo para convidar a reflexionar e pasalo ben. A cabalgata do 2024 é unha festa, unha celebración das marabillas do mundo, de todo canto nos ofrece o planeta, un agasallo para os ollos e os sentidos», afirmou Ferreiro
Durante o desfile repartiranse 2.000 quilos de caramelos, e as nenas e nenos que saúden aos Magos de Oriente no Concello recollerán un dos 3.000 cornetes de lambetadas, que levarán tamén un pequeno xoguete como recordo da chegada dos Magos a Lugo.
Espectáculos cabalgata 2024
Música con Cántigas e Frores e a Tambukda que acompañarán aos resi na cabalgata mentres Bloco Meigallo e os participantes dos obradoiros de panxoliñas farán máis entretida a agarda diante do Concello.
OS PINGüÍNS QUE VEÑEN DA ANTÁRTIDA: Os pingüíns escoltarán ao rei Melchor na súa viaxe ata o Concello cos seus bailes.
O LAGO DOS CISNES Estas maxestuosas aves envolveran a grandes e pequenos no seu ritmo.
POLBO XIGANTE. Dende o fondo do mar, esta enorme criatura mariña fará as delicias de grandes e pequenos.
FLAMINGOS. Unha parada na súa migración para acompañar aos reis na súa viaxe.
LES JEANNOTS. Luz, son, bailes e moita diversión con esta familia de animais.
OS CANGUROS CHEGAN A LUGO. Saltando saltando en Lugo acabaron aterrando cos seus xogos.
AVES DO PARAÍSO. Unha fantasía de cores para encher o ceo das rúas de Lugo.
CONGO MASSA. Un anaco de África en Lugo, unha mostra da natureza máis salvaxe.
GLOBOS PARA PERCORRER O MUNDO. Os agasallos percorren o mundo buscando un lugar onde quedarse.
Cun total de máis 94 artistas.
32 paxes reais para o reparto de caramelos.
Aviso dos cortes de tráfico previstos para o venres 5 de xaneiro pola celebración da Cabalgata de Reis
Data e Horario: Venres, 5 de xaneiro, de 17:30 a 20:00 horas.
ITINERARIO: Rúa Monte Faro; Avda. da Coruña; Rolda Muralla; Rúa Bispo Aguirre e Praza Maior.
Debido á súa celebración, dende o Concello de Lugo e a Policía Local se dá traslado de que o tráfico da cidade se verá afectado tanto nas rúas que percorra a Comitiva como tamén nas vías adxacentes e, especialmente, no Centro Histórico.
ZONA DO PERCORRIDO
Deste xeito, ponse en coñecemento de toda a cídadanía que, como viña sendo habitual, nas rúas polas que transcorra a Cabalgata, o tráfico estará parado o tempo que tarde en pasar a mesma, restablecéndose a continuación.
Iso sucederá especialmente en todas as vías que desemboquen á Avda. da Coruña e na Rolda da Muralla dende a Porta de San Fernando ata a Rúa Vilalba.
CENTRO HISTÓRICO
Polo que respecta á entrada e saída a circulación rodada dentro do Centro Histórico, a circulación de vehículos verase afectada non só polo paso da devandita comitiva senón tamén debido ao plan especial de tráfico que se está realizando polas obras enmarcadas na estratexia Corazón Verde.
Por iso, dende o Concello e a Policía Local se recomenda de maneira encarecida que durante a tarde do dia 5 de xaneiro, unicamente accedan ao recinto amurallado aqueles condutores e condutoras que dispoñen de garaxe ou cuxo acceso á zona resulte imprescindible.
Así mesmo, infórmase de que haberá momentos de circulación parada de xeito que o tráfico de saída pola Rúa Nova estará parado durante o paso da Cabalgata por dito tramo da Rolda da Muralla.
Temporalmente e coa finalidade de non colapsar o Centro, limitarase o acceso ao mesmo dende a Porta de Bispo Odoario e dende a Porta da Rúa Teatro, permitíndose o paso exclusivamente aos vehículos autorizados.