Un mural do lucense Yoe 33 finalista a mellor do ano en «Street Art Cities»
«Copora», candidato a «mellor mural do mundo do ano 2023 en Street Art Cities», a maior plataforma de arte urbana do mundo.

«Copora» está nunha medianeira do edificio número 158 da Rolda da Muralla. Representa a unha guerreira castrexa ataviada cos elementos característicos como son as arracadas (pendentes femininos), unha fíbula como pasador da roupa, un colar castrexo e un puñal de antena.
Manuel Pallín estivo asesorado para este traballo pola directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, e polo arqueólogo Enrique Alcorta.
Manuel Yoe33 Pallín – facebook –
Manuel Concepto Circo Pallín – instagram –

Recoñecemento internacional para o artista lucense Manuel Pallín






