Concerto único de piano a 4 mans en Lugo
Geister Dúo David Salmon & Manuel Vieillard
Sábado, 20 de xaneiro de 2024 / 20:00 h. / Círculo das Artes de Lugo
Programa:
Franz Schubert (1797-1828)
Sonata en do maior, D. 812, Gran Dúo
4 Polonaises, Op. 75, D. 599
Fantasía para piano a 4 mans en fa menor, Op. 103, D. 940
Geister Dúo – David Salmon & Manuel Vieillard
David Salmon e Manuel Vieillard forman o Geister Duo dende hai case 10 anos, considerado actualmente un dos dúos de piano máis importantes da súa xeración.
En 2019, gañaron o segundo premio no Concurso Internacional de Dúo de Pianos Schubert na República Checa e o Primeiro premio e Premio do Público no Concurso Internacional de Piano a 4 Mans de Mónaco. En 2021, gañaron o Primeiro premio no Concurso Internacional ARD Múnic, unha auténtica consagración para a modalidade de dúo en piano, ademais doutros 5 premios especiais.
David Salmón e Manuel Vieillard comezaron a súa colaboración cando eran estudantes no Conservatorio Rexional de París.
Do seu encontro naceu o desexo de traballar en profundidade no repertorio a dúo, non como dous solistas reunidos para un concerto, senón como un verdadeiro conxunto de música de cámara.
Cada un completando os seus estudos de piano, un na Hanns Eisler Hochschule de Berlín, o outro no CNSMD de París (Conservatorio de París), onde se graduaron con grande éxito.
Ambos os dous son gañadores de Premios en Concursos Internacionais e perfeccionaron as súas habilidades a dúo con Emmanuel Strosser e con Claire Désert no máster de música de cámara do CNSMD de París.
Invitados como conxunto en residencia no Festival Internacional da Roque d’Anthéron en 2018 e 2019, tamén se beneficiaron dos consellos de Christian Ivaldi e o Trio Wanderer.
Comprometidos coa difusión do repertorio contemporáneo, foron invitados en 2019 á Académie de Villecroze de Jean-François Heisser e Jean-Frédéric Neuburger para clases maxistrais sobre obras dos séculos XX e XXI.
En 2020 uníronse á prestixiosa clase de dúo Tal & Groethuysen no curso de Posgraduado do Mozarteum de Salzburgo, Austria, onde desenvolveron aínda máis as súas investigacións como dúo.
Nos últimos meses estiveron de xira na República Checa, na Filharmónica de Colonia acompañados pola Orquestra WDR dirixida por Cristian Macelaru, ofreceron recitais no Seine Musicale e no Festival Internacional da Roque d’Anthéron, nas Promenades musicales du Pays d’Auge, e nas Soirées du Castellet.
Os seus próximos proxectos levaraos á inauguración da tempada sinfónica da Philharmonisches Orchester der Stadt Ulm, Elbphilharmonie Hambuourg, NDR Funkhaus Hanover e Robert-Schumann Hall Düsseldorf, así como ao Théâtre des Champs-Élysées e ao Bozar de Bruxelas.
A última gravación do Geister Dúo está dedicada a Debussy e Stravinsky e editouse a principios de 2023 (Mirare/Bechstein). Para o outono de 2024 teñen previsto o lanzamento dun gran proxecto, as obras completas para piano a catro mans de Franz Schubert.
+ Info: www.filarmonicadelugo.com