Novo disco do trío lucense de post-metal Kalte Sonne.
Foi gravado por Iván Ferro en Kollapse Stvdio.
O grupo contou coa colaboración de Abraham Cupeiro no tema Anarres.
Para ilustrar este traballo contouse coa man de Iván Mouronte.

Este 1 de marzo sairá á luz o novo disco do trío lucense de post-metal Kalte Sonne, LANIAKEA COMMUNIQUE (o comunicado de Laniakea).

Laniakea, do hawaiano «ceos inconmensurables», é como se coñece ó supercúmulo de galaxias entre as que se atopa a Vía Láctea.

O disco continúa coa evolución do son do grupo dentro do espectro do post-rock e o post-metal instrumental e, ó igual que os últimos traballos, foi gravado por Iván Ferro en Kollapse Stvdio.

A publicación do disco vai ir acompañada da presentación do video do tema Anarres na canle de YouTube do grupo (https://youtu.be/u8mJaIcg6gA). Neste tema o grupo contou coa colaboración de Abraham Cupeiro, que ademais está presentando nestes días o seu novo traballo Mythos. 

Abraham aportou novas sonoridades ó tema coa súa maxistral execución de dous instrumentos orixinarios de oriente medio pero moi diferentes entre si: kawala (coñecido como frauta de pastor) e zurna (instrumento de vento de lengüeta dobre da familia dos oboes).

Para ilustrar este traballo contouse coa man de Iván Mouronte, que xa fora autor da portada do disco Ekumen.

O álbum estará dispoñible no bandcamp do grupo ( https://kaltesonne.bandcamp.com/ ) a partir do día 1 de marzo. Ademais do formato dixital estará dispoñible tamén en vinilo luminiscente.