Programación de A Hedreira – Marzo 2024
Outro mes cheo de actividades para todo o mundo, gratuítas e abertas en Lugo:

Sábado 2

19:00 H. | Encontros polo decrecemento. Teremos a oportunidade de falar de decrecemento con Miguel Anxo Abraira, quen ademais nos presentará a organización Rede polo Decrecemento.
+ info: https://redeparaodecrecemento.wordpress.com

21:30 H. | Cea vegana.

Venres 8 | 20:00 H.

Manifestación feminista 8M convocada pola Plataforma Feminista de Lugo co lema «Contra a cultura machista, educación feminista». Saída: diante do edificio multiusos da Xunta de Galicia. Finaliza na Praza de Santa María.

Venres 15 | 17:00 H.

A Natureza como fonte de saúde na infancia. A experiencia de Nenea, medrar crecendo.

A actividade será unha charla participada sobre os beneficios da natureza na infancia, en que aspectos incide, como vemos esa mellora. Que é o trastorno por déficit de natureza e como viven as crianzas esta carencia. Haberá propostas para as crianzas, así que son benvidas. Está pensada para familias, estudantes de educación, traballadoras na área de ocio e tempo libre e público xeral con interese en coñecer a educación na natureza. Para inscribirse no Whatsapp no 623064050. Para outras cuestións 652 84 73 17 (Silvia)
+ info en nenea.es

Luns 18 | 20:00

Asemblea. Participa na organización de actividades, propostas e ideas do centro social.

Xoves 21 | 20:30

Cineforum. Este mes por mor da Semana Santa adiántase unha semana. Anunciaremos en redes sociais o filme ou documental a proxectar. Lembra que son benvidas as propostas.

Ademais contamos cos seguintes obradoiros cuxo horario podes consultar aquí: capoeira, gancho e calceta, danza do ventre (Belly Dance), galego orientado a inmigrantes, k-pop, pole dance, taller de bicis e teatro

https://www.facebook.com/hedreira

https://www.instagram.com/hedreira/