Hilario Rodeiro Quinteto en concerto no Club Clavicémbalo.
Presenta o seu novo disco «Pausa» que móvese nas lindes entre o pop-rock e o jazz experimental.
Venres 28/06 – 23:00 horas.

O tempo é unha fixación nas composicións de Hilario Rodeiro, en especial na súa percepción e o polo modo no que se manifesta. 

Este novo disco inspírase nas pausas do día a día, naquelas interseccións entre momentos distintos, que preceden e anuncian outros intres, que conclúen, repousan… ou que simplemente suceden.

Pausa móvese nas lindes entre o pop-rock e o jazz experimental. 

A posta en escena do quinteto mostra parte do próximo álbum, que se publicará en xuño de 2024, así como outras composicións do autor e versións escollidas de cancións do folclore e do pop-rock internacional.

Hilario (Ordes, 1981) reside dende fai mais de 15 anos nos alrededores de San Sebastián, Guipúzcoa. Puido actuar con infinidade de artistas internacionais como Gordon Lee, Sabine Kühlich, Chris Kase, Bob Sands, Andrej Olejnizack, Ilja Reijngoud, Deborah Carter, así como célebres formacións como Pamplona Jazz Orquesta, R.S.Faktor, CiTriC, Los Wachisneis, e un larguísimo etc.

Como compositor creou o diseño sonoro e a música para espectáculos de danza contemporánea como Orígenes, Elektrical Body e Transoceánica (Dínamo Danza) ou Nikola (Atalak) así como curtometraxes. 

Ten premios como o BBK ao mellor disco de jazz (R.S.Faktor, 2012), V Concurs de Jazz de Barcelona (Citric, 2009), ou mellor canción en galego (Mamá Cabra, 2006).

Hilario Rodeiro Quinteto fórmano recoñecidos músicos da escena jazzística nacional:

Juan de Diego, trompeta
Eneko Dieguez, saxo alto
Julen Izarra, saxo tenor e soprano
Kike Arza, contrabaixo
Hilario Rodeiro, batería e composición

PAUSA

Dez pezas cheas de improvisación de gran calado emocional firmadas por Rodeiro ao longo de 2023 e inspiradas nos diferentes momentos do día, en sutiles instantes e na percepción do que observa. 

Composicións que ben poderían enmarcarse no chamado free jazz ou jazz experimental pero que ademáis de contar con variadas influencias que van dende o pop ao jazz, a música de cámara ou ao folclore tradicional, no sustancial, están enfocadas máis cara o encontro coa poesía interpretativa que co virtuosismo instrumental.

Hilario Rodeiro dispénsanos en «Pausa para mirar dentro dun», un comezo iniciático, introspectivo, inspirado no son tradicional da alboka. O concepto do tempo como elemento inspirador tráenos a deliciosa «Perdoa», un fotograma que captura unha vivencia pasada plena de desenrolos armónicos e transicións. «As miñas alboradas», multifacética e viva, toma elementos do folclore galego para permitir a interactuación entre os diferentes membros da banda. 

Mostra da gran poesía interpretativa que recolle este traballo son «Atopeite» e «…con Mary». 

O vacío como elemento rítmico en «Para ti», e a cadencia melódica da música tradicional galega nunha transición cara o jazz de «Escoitar» son o espazo perfecto para a improvisación como elemento fundamental e integrador. 

Rodeiro invítanos a unha mirada interior a través das paisaxes de «No espello», indagando en novos patróns rítmicos na dinámica «Pausa para un paseo pola tarde» e prodigando poesía interpretativa en «Si me tuveras cariño / Pausa para mirar fóra».

A calma interior, o silencio do que observa o devir dos días, instantes inmortalizados cunha sutil linguaxe rítmica quedan suspendidos nun espazo sen mapas, nin coordenadas, sen tempo, dende dentro cara fóra, dende o silencio, a tranquilidade, a pausa.