Os enigmas serán o fío condutor da programación especial que o Museo Universitario A Domus do Mitreo desenvolverá todos os sábados do mes de xullo baixo o lema ‘Os segredos da Domus’.
Tal e como explica Dolores Dopico, directora do Museo e profesora da USC no Campus de Lugo, a programación deste verán diríxese ao conxunto das familias e baséase nunha visita guiada que estará precedida pola formulación dunha serie de enigmas “na que público de todas as idades pode participar”. Un percorrido explicado polas instalacións da Domus permitirá responder aos interrogantes formulados.
A visita guiada é de balde coa adquisición da entrada.
A actividade bota a andar este sábado 6 de xullo, ás 11.30 horas, e ten unha duración aproximada de 35 minutos.
As persoas interesadas en participar poden chamar ao 610323926 de martes a venres, entre as 11.00 e as 14.00 horas, ou a través do enderezo electrónico museomitreo.lugo@fundacionusc.gal
As seguintes sesións desenvolveranse en idéntico horario os sábados 13, 20 e 27 de xullo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte