Coque Malla en concerto polo San Froilán 2024
Venres 11 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario. De balde.


Coque Malla triunfou durante os 90 con Los Ronaldos, grupo que se caracterizaba polas súas letras desacaradas, riffs descarnados e actitude vacilona. Con eles grava 5 discos de estudo antes da súa separación no 97 a partir da cal Coque comeza a súa carreira en solitario. Entre o 2005 e o 2007 Los Ronaldos volven para unha xira por todo o estado para despedirse definitivamente no 2008, comezando no 2009 a “nova” carreira de Coque en solitario xa que o mellor do seu talento ainda estaba por chegar. Trala separación do grupo, coñecimos ao Coque Malla adulto, un ser infinitamente máis inquedo e capaz de facer un disco cantado a dúo con dez mulleres ou de lanzarse á salsa para homenaxear ao gran Rubén Blades. Os seus diferentes traballos son unha mostra de ata ónde chega o alcance dun músico que ainda conserva certo aire “travieso” e un aura de seductor que sobreviviu a toda unha era do pop español.https://youtu.be/tfLnNbzQPh4?si=CtNYIgzCb3naruKK

Programa do San Froilán 2024