O San Froilán 2024 «será un gran escenario para a promoción da música creada na nosa cidade», afirmaron Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, e Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, no encontro que mantiveron con músicas e músicos de Lugo.
Ferreiro afirmou que «queremos que o San Froilán sexa cada ano unha festa de todas e todos os lucenses, para isto é indispensable contar coas principais agrupacións musicais da nosa cidade», e destacou que «as e os nosos músicos compartirán escenario con nomes xa consolidados no panorama estatal e internacional como Fillas de Cassandra, Triángulo de Amor Bizarro ou María Rodés».
Maite Ferreiro destacou que a praza da Mosqueira «é xa o gran escenario dos grupos lucenses, tanto ao longo do verán como nas festas do San Froilán», e destacou a importancia patrimonial deste escenario, «que permite desfrutar de música tendo de fondo o noso patrimonio máis importante», explicou, facendo referencia á propia Mosqueira.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte