O rapeiro lucense Habló Pablo fusiona rap e música clásica coa pianista Elsa Muñiz.
A canción “Las ciudades arden”, unha peza musical que fusiona dous xéneros tan opostos coma o rap e a música clásica, supón o primeiro adianto do Lp que publicará a principios do 2025 e que se titulará “No soy nadie pero soy yo”.
O videoclip, dirixido polo realizador italiano Pino Sartorio, acolleu como escenarios de rodaxe a aldea de San Vicente do Burgo (Lugo) e o Auditorio do Conservatorio Profesional Xoán Montes de Lugo.
Trátase dun canto á pervivencia do amor representada por Laly Riesco, actriz galega non profesional que debutou ante as cámaras aos seus 88 anos.
A letra da canción, escrita e interpretada por Habló Pablo, convida á audiencia a unha introspección emocional que, xunto co fluír de metáforas visuais e a composición musical de Elsa Muñiz, dan pé a unha reflexión acerca da capacidade do amor para perdurar a pesar das dificultades.
“Las ciudades arden” convértese así nunha aposta audiovisual innovadora e arriscada, na que rompen estereotipos ao fusionar o rap coa música clásica a través de talentos galegos como o rapeiro Habló Pablo, premio a “Mellor artista de rap independente español” en 2011, e a pianista Elsa Muñiz que co seu pianotelling conseguiu chegar aos 3 millóns de escoitas en plataformas dixitais.
Sobre Habló Pablo:
Web: www.hablopablo.es
Instagram: @hablopablo_oficial
Youtube: www.youtube.com/hablopablo
Sobre Elsa Muñiz:
Web: www.elsapianomusic.es
Instagram: @elsapianomusic
Habló Pablo
Despois de ser premiado como “Mellor artista rap independente español” co seu anterior pseudónimo (Anubis Metal Jack), o artista galego Habló Pablo comeza unha nova etapa creando un novo proxecto musical innovador que nace no ano 2022 combinando o Rap coa poesía Slam.
Chega a colaborar e/ou actuar con artistas internacionais, e nacionais, de renome como Raekwon (Wu-Tang Clan), Public Enemy, Tote King, La Excepción, Havoc (Mobb Deep), Snowgoons, Big Twins, Killarmy ou Termanology, entre outros.
No pasado actuou en diferentes cidades da Península Ibérica como Hard Clube (Oporto), Penélope (Madrid) Sala Capitol (Santiago) ou o Auditorio de Castrelos (Vigo) e en festivais coma o Festival da Luz, Marisquiño, Xacobeo Importa, San Froilán (Escenario principal), Duplex Style, etc.
Dende as súas primeiras publicacións, e mesmo antes de lanzar o seu primeiro disco, Habló Pablo consegue chamar a atención tanto dos medios tradicionais (Radio 3, Cadea Ser, Onda Cero, TVG, contraportada en La Voz de Galicia, etc…) coma de internet facéndose viral en Instagram cun vídeo rapeando a capela, un poema propio sobre a emigración galega hacia arxentina, que obtén máis de 31000 «gústame» (incluíndo os de grandes persoalidades da cultura arxentina como Ricardo Darín ou Leonardo Sbaraglia, entre outros).
Ademais, en abril de 2024, logra un fito na súa cidade actuando no Estadio de Riazor (fronte a máis de 28200 espectadores) e no Palacio dos Deportes (3800 espectadores) nun mesmo mes.
A principios de 2025, Habló Pablo, publicará o seu novo Lp que se titulará «No soy nadie pero soy yo» e en cuxo directo, reinterpretará as súas propias cancións combinando bases electrónicas con instrumentación orgánica.