«Neste curso acompañarémoste paso a paso para que poidas crear e dar forma ao teu propio proxecto fotográfico, aprendendo a empregar a linguaxe visual como ferramenta para contar historias.

Traballaremos nun ambiente creativo e colaborativo, combinando unha titorización personalizada co intercambio de ideas co resto do grupo.

Ao longo das sesións afondaremos en como:

• Definir o concepto e o enfoque narrativo do teu proxecto.

• Seleccionar e planificar a linguaxe visual máis axeitada.

• Analizar e inspirarte en referentes fotográficos.

• Aprender estratexias de edición para dar unidade e forza ao resultado final.»

Profesorado: 

Paula Quiroga (Lugo, 1996). É directora de fotografía e xornalista, especializada en documentalismo. Membro do colectivo fotográfico Ollo, na actualidade compaxina a dirección de fotografía en proxectos documentais e de ficción, destacando o seu traballo en Ulises (2023), de Félix Brixel.

Datas e horario:

O curso consta de 6 sesións e seguimento do proxecto:

Sesións de 2025

27 de outubro, 24 de novembro e 1 de decembro

18.00 a 22.00 horas

Sala de prensa da Casa do Saber

Sesións de 2026

3 sesións e seguimento do proxecto. Datas por determinar

Prezos: membros da comunidade universitaria 80 euros / taxa xeral 150 euros / membros da Asociación Fotográfica Maruja Roca 110 euros

Matrícula

O prazo de matrícula está aberto do 8 de setembro ao 15 de outubro de 2025.

As persoas interesadas deben cubrir o formulario e seguir as indicacións que aparecen no documento ‘Instrucións pagamento’.