Esta semana CODEX CINEMA estrea o filme galego “MATRIA” dirixida por Álvaro Gago Díaz e protagonizada por María Vázquez que remata de acadar o premio á Mellor Actriz no recente Festival de Málaga.
Sinopse: Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto persoal e laboral tenso e impredicible. Un día atópase con Xosé e constrúe con el unha inusual amizade que lle permite pensar que, quizais, haxa algo polo que vivir. Sempre sacrificando todo pola súa filla Estrella, verase impulsada cara o
seu interior e pensar en novas motivacións.
A outra estrea da semana é «RETORNO A SEÚL». Implacable e elegante drama sobre a identidade que non se atopa. É unha obra poderosa e sorprendente, dirixida por Davy Chou
Sinopse: Freddie, de vinte cinco anos volve por primeira vez a Corea do Sur, onde naceu. A moza parte emocionada á procura das súas orixes neste país que lle é alleo, inclinando a súa vida cara novos e inesperados rumbos.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte