O Club Cultural Valle-Inclán pecha o primeiro semestre cinematográfico do ano con tres “Sesións de Filmoteca” que se proxectarán no mes de xuño e que se inicia este mércores, día 1, co filme Oh Boy, de Jan Ole Gerster. Alemaña, 2012. PREMIOS: 2012: 6 Premios do Cine Alemán: incluíndo mellor película, director e guión. 2013: Festival de Sofía: Mellor película. 2013: Premios do Cine Europeo: Premio Discovery. 4 nominacións. 

Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 18:00 horas. 

En colaboración coa Filmoteca de Galicia – CGAI e segundo convenio asinado coa AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais.

Entrada libre e de balde para socios e comunidade universitaria. Resto do público, cota correspondente de socio, 2€

O ciclo continuará de acordo co seguinte programa: 

Día 8: «Estaba en casa, pero…», de Angela Schanelec. Alemaña, 2019. PREMIOS: 2019: Festival de Berlín: Mellor dirección 2019: Festival de Mar do Prata: Mellor director (ex aequo).  

Día 15: Catro curtas galegas, Premios Mestre Mateo.  

  – A nena azul, de Sandra Sánchez. 2018. PREMIOS: Mestre Mateo 2019: Mellor Curtametraxe de Ficción.  

  – Xoves de comadres, de Noemí Chantada, 2020. PREMIOS: Festival de Málaga: Premio del público. 2021 Mestre Mateo: Mellor curtametraxe de Imaxe Real.  

  – Carne, de Camila Kater. Brasil, España, 2020. PREMIOS: 2021 Premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe de animación.  

  – Xan, de Lucía Estévez, 2020. PREMIOS: 2021 Premio Mestre Mateo á mellor webserie.