Non queda nada. Conta atrás para unha das citas do ano en Lugo. O mércores, 8 de setembro, ás 12,00, tivo lugar na sala de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo a presentación oficial da XLIII SEMANA DE CINE DE LUGO, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, co apoio de Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago de Compostela-Campus de Lugo.
A Semana de Cine levárase a cabo na semana do 20 ao 25 de setembro deste ano baixo o título «Benvido a Lugo, Mr. Berlanga!» e conta con 135 películas a proxectar en distintas sedes repartidas por toda a cidade: Auditorio Municipal Gustavo Freire, O Vello Cárcere, Biblioteca Provincial, Deputación, Casa do Saber…Todos os ciclos son con entrada gratuíta agás nos ciclos Infantil, «joyas del año» e «oficial».
Ademáis, como en cada edición, a programación inclúe múltiples actividades complementarias e paralelas en colaboración con ASPNAIS con AP CONCEPCIÓN ARENAL, por exemplo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte