Estamos ante unha das mostras de luthería máis antigas da península ibérica e un referente indispensable da música tradicional galega na que participan milleiros de persoas cada ano.
Mostra que se celebra no marco do Festival de Pardiñas (Guitiriz) e que acollerá nesta 31 edición un total de 33 artesáns e artesás, a maioría galegos, aínda que tamén participarán luthiers chegados de Euskadi, Cataluña, Madrid e mesmo do país veciño.
Desde a directiva da Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegos (AGG), promotora da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas dende os seus inicios, falan dun momento excepcional na lutheria tradicional de Galicia.
PROGRAMACIÓN 31ª MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL
Sábado 3 agosto
11.30 – Apertura da mostra
13.00 – Sesión vermú: Os Canallas.
14.00 – Xantar
17.00 – Pregón: Antón Santamarina
18.30 – Concerto: Lembranzas do Tambre
20.00 – Sorteo: Bombo de treboada
21.30 – Peche da mostra
Domingo 4 agosto
11.30 – Apertura da mostra
12.30 – Obradoiro de Treboada. Imparte Oli Xiráldez
14.00 – Xantar
17.00 – Obradoiro de baile. Imparte Ruth Pérez
18.30 – Concerto: Silvaredonda
20.00 – Sorteo: Tambor de nogueira
21.30 – Peche da mostra
ARTESÁNS E ARTESÁS NA 30ª MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL
AGG / Asociación do baile e a música de tradición galega
Alberto Pires / Gaitas / Pontesampaio
Aragón y Parrado / Gaita irlandesa – Uilleann pipe / Guadarrama – Madrid
Artesanía JMR / Instrumentos de percusión e accesorios musicais / O Pino
Carlos da Silva / Fabricación de instrumentos de vento / Vilagarcía de Arousa
Caroline Lacombe / Bouzuki irlandés, mandolinas, tarrañolas e mandolas / Barcelona
DJB e Filla / Instrumentos de corda / Soutomaior
Fernando Meireles /Corda portuguesa e zanfonas /Coimbra
Francisco Luengo / Luthier de instrumentos medievais, renacentistas e barrocos / Brión
Guillermo Camacho / Instrumentos de corda / Vitoria-Gasteiz (Álava)
Iago Salgado / Instrumentos tradicionais / Teo
Jaime Pena / Artesán Palleteiro / As Pontes
Joan Pellisa / Lutier i investigador en organología /Fatarella – Cataluña
Kepa Rubio / Luthier / Álava
Lorena Reinaldo /Instrumentos de corda / Soutomaior
Manels Percusión / Percusión tradicional / Ordes
Master Gaita / Gaita electrónica / Sada
Nebra / Instrumentos tradicionais / Porto do Son
Miguel Rivas / Artesán de instrumentos tradicionais de percusión e vento / Vigo
O Reberete / Vento e percusión tradicional / San Cristovo de Cea – Ourense
Obradoiro Barciela / Gaitas / Carballal – Vigo
Obradoiro Seoane / Instrumentos de percusión tradicional / Teo
Oli Xiráldez / Gaitas e requintas / Calo – Teo
Laboratorio de cordas / Instrumentos de corda / A Coruña
Queima / Instrumentos tradicionais de vento e percusión / Redondela
Rebollo Instruments / Zanfonas / Beluso
Regos Pandeiretas / Obradoiro de Pandeiretas / Ordes
Roi Earan / Luthier / Pontevedra
Suso Gestal / Instrumentos de vento / Abellá
Tunhas / Percusión / Ames
Xaneco / Percusión e zanfonas / Outeiro de Rei
Xermán Arias / Luthería e zanfonas / Sarria
Xosé Maceda / Instrumentos de percusión tradicional / Monforte