Acto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
25 de noviembre - 11:00

Acto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
mércores 25 de novembro, ás 11.00 horas, na praza de Santo Domingo,
O acto contará coa participación da Corporación municipal. Un dos momentos centrais será a lectura do manifesto institucional por parte dunha muller usuaria da Casa da Muller, que poñerá voz ás mulleres que sofren ou sufriron esta violencia.
A continuación, terá lugar a tradicional ofrenda floral ante o ginkgo biloba, coñecido como a Árbore da Vida, situado na propia praza de Santo Domingo. Este espazo acolle cada ano a homenaxe ás vítimas da violencia machista e constitúe un lugar de lembranza e memoria.
A música acompañará os distintos momentos da conmemoración da man de Noelia Geada, acompañada polo pianista David Taboada, que interpretará «María se bebe las calles», de Pasión Vega; «Ni una más», de Aitana; «No vales más que yo», de La Oreja de Van Gogh, e «La puerta violeta», de Rozalén, peza coa que se pechará o acto.
O Concello convida a veciñanza a participar nesta homenaxe e a expresar o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres.