Microaberto 2026 con High Paw de artista convidada

Microaberto 2026 con High Paw de artista convidada
A primeira sesión de Microaberto deste curso, unha actividade incluída dentro da programación do Outono Cultural, será o martes 24 de novembro ás 20.00 horas na cafetaría da Facultade de Administración e Dirección de Empresas.
Nesta ocasión, High Paw será a artista convidada. Para participar no microaberto cunha canción, un monólogo, un poema, un conto etc, podes enviar a túa proposta nesta ligazón do 2 ao 22 de novembro. Para ter máis información para actuar ou utilizar o micro aberto, tes que escribir a cultura.lugo@usc.gal.
Como actividade complementaria ao microaberto podes asistir ao Obradoiro de improvisación e música hip hop impartido por High Paw: Improvisando pola vida. Ferramentas de resposta, que terá lugar de 17.00 a 19.30 h no Seminario 1 da Facultade de Administración e Dirección de Empresas e que require previa inscrición a través desta ligazón do 2 ao 22 de novembro.
Esta actividade enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.