Concerto de Galgo
MÉRCORES 17 DE XULLO – 20:30 horas. Xardín do Museo de Lugo. De balde.
GALGO (Asturias)
GALGO é o dúo asturiano formado polo multiinstrumentista Javier Bejarano, membro da banda Fee Reega e do proxecto audiovisual Monochrome xunto ao produtor Óscar Mulero, e a pianista Verónica R. Galán, compositora e interprete de música para Teatro.
Adoitan describir a súa música como “bandas sonoras para películas que aínda non existen”, acaba de lanzar o seu primeiro disco de titulo homónimo, no que presentan unha selección de pezas de intensa profundidade e debuxan unha serie de paisaxes sonoras de evocación abstracta.
Un tratado que xoga coas cavilacións da sinfonía moderna, a música ambiental as atmoosferas avant-garde, ramallazos de electrónica experimental e unha narrativa silenciosa que lembra a unha especie de doom de interior, de post-rock con máis de post que de rock.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte