Concerto de Hilario Rodeiro Quinteto
Hilario Rodeiro publica o single «Pausa para un paseo pola tarde».
Avance previo ao próximo álbum é á xira que comenza en xuño por Cantabria e Galicia.
O día 1 de xuño publicouse o novo single do quinteto de Hilario Rodeiro. Inclúe unha peza que formará parte de Pausa, o álbum que se publicará o próximo 21 deste mes, así como un tema extra. Nun estilo que mezcla o pop-rock instrumental co jazz experimental, o batería e compositor natural de Ordes virá presentando na Coruña, Lugo e Santiago o seu disco publicado por Errabal Jazz.
O tempo é unha fixación nas composicións de Hilario Rodeiro, en especial na súa percepción e o polo modo no que se manifesta. Este novo disco inspírase nas pausas do día a día, naquelas interseccións entre momentos distintos, que preceden e anuncian outros intres, que conclúen, repousan… ou que simplemente suceden.
O quinteto esta formado por Juan de Diego, trompeta; Eneko Diéguez, saxo alto; Julen Izarra, saxo tenor e soprano; Kike Arza, contrabaixo; e Hilario Rodeiro, batería e composicións.