14.4 C
Lugo
Sáb, 23 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mesa redonda sobre os impactos dos proxectos eólicos en Lugo

26 de junio - 20:00

Mesa redonda sobre os impactos dos proxectos eólicos en Lugo

Terá lugar o mércores 26 de xuño 20:00 horas no salón de actos do IES Lucus Augusti.

Esta xornada entra dentro das accións que ADEGA-Lugo está a impulsar a prol da campaña de doazóns Ti Podes Paralos! coa que se pretenden recadar fondos para recorrer nos tribunais a autorización do proxecto eólico Monte Contado, entre os concellos de Castroverde e Lugo.

Na xornada intervirá Javier Ferreiro, do IBADER, que analizará as consecuencias ambientais dos parques eólicos e estudará o caso concreto das turbeiras do Xistral.

Tamén tomará a palabra Carola Casal, da Asociación O Sorriso de Daniel, que explicará os efectos dos polígonos eólicos sobre o patrimonio cultural.

Por último, a bióloga e activista Adela Figueroa comentará os impactos ambientais e patrimoniais que o polígono eólico Monte Contado, proxectado moi próximo aos Lagos de Teixeiro, podería ter sobre o territorio se non se paraliza.

A xornada desenvolverase no salón de actos do IES Lucus Augusti (Instituto Masculino), ás 20h. Máis información sobre a campaña Ti Podes Paralos na seguinte ligazón: https://tipodesparalos.helpbysc.com/montecontado

Detalles

Fecha:
26 de junio
Hora:
20:00
Categoría del Evento: