Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Obradoiro de zanfona con Tobie Miller

24 de mayo

Obradoiro de zanfona con Tobie Miller

Domingo, 24 de maio 2026 10:30 a 13:30, e 16:00 a 19:00 horas, no Centro de Artesanía e Deseño, CENTRAD, rúa Chantada s/n, Lugo.

A mañá do obradoiro estará aberta a todo o público e consistirá nunha introdución á historia e ás características da zanfona no período Barroco.

Será un espazo pensado non só para zanfonistas, senón tamén para músicos doutros instrumentos, estudantes, docentes e persoas curiosas con ganas de descubrir como este instrumento formou parte da música europea ao longo dos séculos.

A través de explicacións, exemplos musicais e demostracións en directo, os asistentes poderán achegarse ao contexto histórico, ás funcións sociais da zanfona e ás diferentes formas de tocar e entender o instrumento no barroco.

Non será preciso ter coñecementos previos, polo que estas sesións están pensadas como unha oportunidade única para aprender, escoitar e descubrir.

Pola tarde, os seminarios pasarán a un formato máis práctico e especializado, dirixido principalmente a intérpretes e estudantes de zanfona, cun traballo centrado na técnica, o repertorio e a interpretación específica de cada estilo.

O obxectivo destes encontros é converter Lugo nun espazo vivo de transmisión, aprendizaxe e intercambio arredor da zanfona, abrindo o instrumento tanto á comunidade musical como ao público xeral.

Detalles

  • Fecha: 24 de mayo
  • Categoría de Evento:

Recinto