Pint of Science Lugo 2026

Pint of Science Lugo 2026
Enchemos os bares de Lugo de ciencia
Luns 18/05 – 18:00 – Mesón do Forno – Entrada de balde
Manuel Marey Pérez analizará os incendios forestais, explorando a súa evolución, causas, impactos e posibles escenarios futuros no territorio.
A continuación, Marta Prado Rodríguez mostrará como a miniaturización de métodos analíticos está a revolucionar a seguridade alimentaria, permitindo detectar contaminantes e garantir a calidade dos produtos de forma rápida e precisa.
Pola súa banda, Cristian Martín Vázquez porá o foco na saúde durante o embarazo, destacando a importancia do benestar integral da muller e evidenciando a necesidade de incorporar a saúde mental e o apoio social no seguimento prenatal.
Información completa da xornada do 18/05
Martes 19/05 – 18:00 – Ho! Gruf – Entrada de balde
Marcelino Maneiro Maneiro abrirá a tarde cun percorrido polo nacemento da química moderna no contexto da Revolución Francesa, explicando como figuras como Lavoisier contribuíron a transformar a alquimia nunha disciplina científica.
A continuación, Marta Veiga Izaguirre presentará o proxecto CALLEIRA, centrado en recuperar as memorias e experiencias das mulleres arredor da produción e xestión do leite en distintas comarcas de Lugo.
Por último, Tamara López Fernández analizará os casos de estupro durante o franquismo, explorando como as normas sociais, xurídicas e de xénero condicionaron as relacións e o seu tratamento xudicial en Lugo e na Lisboa salazarista.
Información completa da xornada do 19/05
Mércores 20/05 – 18:00 – FA CE LA Bar – Entrada de balde
Saskia Camille Flament Simon explicará o papel dos plásmidos como vehículos xenéticos clave na evolución bacteriana e a súa importancia na biotecnoloxía actual.
A continuación, Paula Vázquez Rodríguez abordará o acoso psicolóxico no traballo, analizando os seus efectos sobre as persoas e as organizacións e subliñando a súa dimensión colectiva.
Por último, Óscar Fernández Expósito ofrecerá unha aproximación á análise retórica do texto bíblico Xoán 17,1-26, explorando as tensións de tempo e espazo que configuran o seu significado e o seu impacto na interpretación.
Web oficial: https://pintofscience.es/events/lugo/
Artigo en VivaLugo: A ciencia enche os bares: Pint of Science consolídase en Lugo e chega por primeira vez a Palas de Rei



























