11.1 C
Lugo
Sáb, 23 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación dunha nova obra de Soledad Penalta

30 de julio - 17:30

Presentación dunha nova obra de Soledad Penalta

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) continúa enriquecendo o seu patrimonio artístico coa adquisición dunha nova peza creada pola artista e académica Soledad Penalta.

Esta adquisición forma parte do Programa Recoñecer, Representar e Redistribuír, ao igual que a de Pamen Pereira e Che Marchesi, presentada o pasado 13 de xullo no Pazo de Tor.

Esta iniciativa pioneira está integrada no Plan de Museos, Xénero, Igualdade, Arte e Educación da RMPL e busca visibilizar o traballo das artistas, ademais de promover a igualdade de xénero no ámbito cultural.

A nova obra, realizada en aceiro corten e de grandes dimensións (2,40 x 1,5 x 1 metro e 1500 kg), será presentada o 30 de xullo, ás 17:30 horas no xardín do Museo Provincial de Lugo, lugar no que se instalará a obra permanentemente.

O evento contará coa presenza da deputada delegada da Área de Cultura da Deputación de Lugo Iria Castro, Encarna Lago, xerente da RMPL, Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, a artista Soledad Penalta e o comisario da mostra, Jose Luis Rey.

Con esta nova adquisición, a RMPL aumenta o seu acervo con obras de catro mulleres artistas e académicas como María Corredoira, Mónica Alonso, Pamén Pereira e agora Soledad Penalta.

Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. 

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
30 de julio
Hora:
17:30
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
+ Google Map
Teléfono
982 24 21 12
Ver la web del Local