O Festival 27373 caracterízase por ser o único festival do Concello de Begonte, un dos
poucos festivais cunha programación íntegra en Galego, que apoia a grupos emerxentes e
que nos últimos anos conta, polo menos, cun grupo integrado maioritariamente ou liderado
por mulleres. Unha aposta pola lingua e pola visibilidade da muller nos escenarios.
O Festival está dividido en dúas partes.
Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequen@s e ás familias.
A partir das 13:45 horas comezará unha atractiva sesión vermú con música tradicional a cargo do grupo Axeigo.
Xa pola tarde, a partir das cinco, comezará o tradicional XII Aberto de Billarda.
Ás cinco e media iniciará a súa actividade a ludoteca ambulante da Chintofanería, un espazo de liberdade e creatividade para os máis pequenos.
Ás seis, dará comezo o IV campionato de serrador@s da Terra Cha, ao carón do río, nunha zona que conta con tódolos servizos, nun entorno de ribeira perfectamente acondicionado e
coidado, onde se pode gozar dun baño, xantar nalgunha das mesas ou mesmo no campo e
pasear á beira do río Ladra.
Abrindo o festival de noite, sobre as 21 horas subirá ao escenario o grupo Nimbos, un cuarteto liderado pola pontesa Antía Franco, que vai poñer o torreiro a bailar aos ritmos da
música tradicional.
Os seguintes en subir ao escenario será Loita Amada, o novo proxecto musical de Jásper e un dos grupos máis esperados pola parroquia rockeira de Begonte, enerxía, reivindicación e compromiso social encherán o escenario do Festival 27373.
Manu Kasoaparte co seu punk d’aldea cheo de compromiso e loita poñerá o punto final a esta nova edición do festival.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte