Expo a visitar:  Rafael Úbeda. Cromatismo expresivo

Datas: ata o 8 de decembro de 2019.

Lugar: Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo

Horario:
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta

Novembro 2019 Rafael Úbeda comezou desde ben pequeno no mundo da arte xa que tiña especial paixón pola pintura e acudía regularmenta a clases. Cunha vocación tan clara e determinante estudiou Belas Artes na Escola de San Fernando e complementou a súa formación facendo cursos da Escola Nacional de Artes Gráficas e logo, en Holanda os cursos da Hoger Akademy St. Joosta. 

Roma, Amsterdam, Milán, Chicago…son moitas as cidades onde Úbeda desenvolveu a súa arte e realizou traballos de éxito. Tamén en España, onde compaxinou a súa vida artística coa docencia en institutos de segunda ensinanza oun en Escolas de Belas Artes 

Doutor en Belas Artes cunha tese sobre a interacción das artes e a música, toca o violín, como vimos nas presentacións da expo e do catálogo onde ofreceu pequenos concertos aos asistentes. 

“ … a miña pintura camiña cara a unha continuada síntese; eu diría cara á máxima esencia, pero sen desbotar a figuración, por moi deformada que a presente, pois sinto viva necesidade desa tensión que a propia vida nos ofrece, xa que a nosa máis enérxica obsesión nos despraza – antes que nada – ao noso eu, con todas as súas manifestacións, alegres ou dramáticas. Interésame o dinamismo, a procura de novas formas, o ritmo e a modalidade que constitúen “esencia”, as sucesivas improntas de cor ben marcadas, para conseguir ese difícil resultado expresivo”.

Web oficial do Museo