Decembro 2019 O Maratón Fotográfico promovido por Lugo Cultural – Campus Terra USC chegou aos seus 25 anos en plena forma e con gran cantidade de participantes e moi boa calidade nas fotos presentadas. Na Biblioteca Pública de Lugo tivo lugar a entrega de premios e a inauguración da expo coas mellores 20 fotografías que estará ata o 11 de xaneiro.
Nesta 25 edición o tema dado pola organización foi «tranquilidade» e os participantes tiveron 24 horas para entregar unha fota relacionada co mesmo así como unha de temática libre. As fotografías gañadoras foron:
E os gañadores e gañadoras:
3 fotografías 3 que premiadas cos seguintes premios: Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do certame, Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema proposto e Premio á mellor fotografía do tema libre. Ademáis publicouse un calendario coas 12 mellores fotografías.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte