Sergy_derois e Tonina_race veñen de abrir na rúa San Roque a galería de arte máis punk e libre de Lugo: SOLAINA. Saímos namorados do espazo, da expo actual, da tenda…e deles. Unha verdadeira revolución cultural para a cidade. 

Tres plantas dan vida ao soño destes artistas lucenses que en pouco máis de tres meses fixeron real a idea de montar un espazo onde calquera artista poda expoñer con total liberdade as súas obras, facilitando a súa incursión no mundo da arte e das galerías, sen necesidade de ir a Madrid ou a outra «capital» da arte, apostando por Lugo como foco artístico e de oportunidades.

Ademáis de exposicións,e de programar todo tipo de actividades culturais, Solaina ten unha tenda con ropa (de Sergy, por exemplo, coa súa marca maRey), fanzines, esculturas e máis.

Longa vida a Solaina! Todo medre!

SOLAINA – RÚA SAN ROQUE 50 BX LUGO

Exposición actual: Berro con Berio Molina, Antía Carreira, Sara Pérez, Alejandro Ouro, Carlos Beade, Teresa Búa…entre outros.

Próximo evento: Berros 1 – Recital de poesía – Sábado 19/09 – 20:00