A biblioteca virtual de GaliciaDigital chega aos 200 libros

En GaliciaDigital, desde hai algo máis de catro anos están a publicar libros esgotados ou inéditos para poñelos ao dispor dos posibles interesados, independentemente do lugar onde residan, de xeito que de maneira gratuíta e inmediata o libro quedaba a dispor xeral, contribuíndo á súa difusión, en complicidade con quen o creou e co interesado que pode lelo e imprimilo.

Cunha periodicidade aproximada dun libro por semana, acaban de chegar aos 200 “volumes”, de xeito que o  “catálogo”,medrando sen présa pero sen pausa, ten no albor do outono de 2020 unha oferta xa ampla de poesía ou prosa, de ensaio ou reportaxe, en galego ou castelán, totalmente gratuíta; para todos e para sempre.